Saltar ao contido

Bruno Schweizer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruno Schweizer
Biografía
Nacemento3 de maio de 1897 Editar o valor en Wikidata
Dießen, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística e dialectoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Dießen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata

Bruno Schweizer, nado o 3 de maio de 1897 en Dießen am Ammersee e finado o 11 de novembro de novembro de 1958, foi un lingüista alemán. Membro da Ahnenerbe durante a época nazi mais recoñecido polos seus traballos sobre o cimbro, e en especial pola súa gramática da lingua cimbra, publicada en 2008.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia de artesáns e comerciantes, mudouse a Landshut para realizar estudos secundarios. En 1917 matriculouse na Universidade de Múnic, mais chamado a filas serviu durante a Primeira guerra mundial como radiotelegrafista na fronte occidental e en Palestina. Logo da desmobilización estudou filoloxía nas universidades de Múnic, Friburgo e Innsbruck, nesta última coñeceu o dialectólogo Josef Schatz, co que mantivo correspondencia ao longo de toda a súa vida. En 1924 fundou a asociación cultural local Heimatvereinigung Ammersee e doutorouse en xermanística en 1925 en Friburgo co traballo "Dialekte des Lech-Isar-Landes". En 1928 Ferndinand Wrede convidouno para traballar como axudante no Atlas lingüístico do Imperio alemán na Universidade de Marburg.Viaxou varias veces a Islandia, e alí aprendeu islandés. En 1931 transladouse a Múnic, onde en 1933 traballou con Karl Alexander von Müller no Institut zur Erforschung des deutschen Volkstums im Süden und Südosten da Universidade de Múnic. En 1935 deixou o instituto por motivos políticos, e logo realizou unha viaxe de estudo ao norte de Italia para investigar as illas lingüísticas dos cimbros no marco dunha investigación sobre os dialectos bávaros. O seu traballo Zimbriche Sprachreste, que se publicou en 1939, supuxo a súa rehabilitación e o seu ingreso na Ahnenerbe Forschungs und Lehrgemeinschaft (1937) co grao de Unabkömmlich, mais a diferenza da maioría dos membros da sociedade nunca foi membro das SS.

Ao comezo da Segunda guerra mundial serviu como radiotelegrafista ata setembro de 1940. Logo a Ahnernerbe enviouno ao Tirol do Sur coa encarga un estudo xeográfico os dialectos tiroleses, mais diverxencias cos seus colegas levárono a centrarse exclusivamente no cimbro, escribindo en 1941 o informe "Bericht über Ergebnisse der Zimbernforschung". Neste contexto, publicou en 1948 no Jahrbuch für vergleichende Volkskunde o traballo "Die Herkunft der Zimbern" no que propugnaba a teoría da orixe lombarda dos cimbros.

Bruno Schweizer é o investigador que máis escribiu, documentou, recolleu e analizou o ámbito cimbro, a meirande parte dos seus traballos permenecen inéditos, conservados no arquivo do Forschungsinstitut für deutsche sprache de Marburg. Entre os numerosos manuscritos hai un dicionario, Zimbriches Wörterbuch, en varios volumes; unha gramática do cimbro de 845 páxinas,Gesamtgrammatik des Zimbrichen, subdividida en cinco volumes, cada un dedicado a un aspecto diferente da lingua cimbra: Volume I – As vogais; Volume II – As consoantes; Volume III – A morfoloxía; Volume IV – A formación das palabras; Volume V – A sintaxe. Unha recolleita de contos e cancións, Zimbriche Volkskunde, en máis de mil páxinas.

Tamén realizou traballos sobre a historia local da súa comarca natal, que publicou na revista Lech-Isar-Land e comezou a obra Dießener Häuserbuch que completaron Wilhelm e Juliane Wörlein[1].

  • Bruno Schweizer: Zimbrische Sprachreste. Niemeyer, Halle 1939. (Deutsches Ahnenerbe; B. 5,1).
  • Bruno Schweizer: Zimbrische Gesamtgrammatik. Vergleichende Darstellung der zimbrischen Dialekte. Herausgegeben von James R. Dow. Franz Steiner Verlag, Stuttgart 2008. ISBN 978-3-515-09053-7.
  • Bruno Schweizer: Zimbrischer und fersentalerischer Sprachatlas = Atlante linguistico cimbro e mòcheno. Herausgegeben und kommentiert von = edizione curata e commentata da Stefan Rabanus. Istituto Cimbro/Istituto Culturale Mòcheno, Luserna/Palù del Fersina (TN) 2012. ISBN 978-88-95386-02-7.
  • Bruno Schweizer: Die Flurnamen des südwestlichen Ammerseegebietes: Gemeinden Diessen-St. Georgen, Raisting, Rieden, Forstbezirk Diessen, Ammer-, Pilsen- und Wörthsee, München 1957.
  1. "Seine Bedeutung als Heimatforscher" Lech-Isar-Land, 1993, p. 113.